Sábado 28 de abril, pola mañá

De 10:00 a 11:00Seguridade na rede [ José Manuel Sendín ]
De 10:00 a 12:00Introdución ao sistema operativo Linux Abalar [ Félix Díaz López ]
De 10:00 a 12:00Obradoiro de xogos didácticos [ Francisco Lorenzo ]
De 11:00 a 13:30Mesa redonda: liberdade informativa [ Con Belén Regueira, Adrián Estévez, Xurxo Salgado, Aníbal Malvar, Raquel Ejerique, Cristina Huete, Hervé Falciani e Manel Pardo ]
De 12:00 a 14:00Obradoiro de enerxía e reciclaxe [ VermisLAB ]
De 12:30 a 13:30Acesibilidade para todos no día a día [ Fátima García Doval ]

Sábado 28 de abril, pola tarde

De 16:30 a 18:30Escolma das mellores charlas TED e TEDx
De 16:30 a 19:30Obradoiro de creación de peluches con calcetíns [ Miriam Calvo Villar ]
De 16:30 a 19:30Como activar unha radio libre e comunitaria e non morrer no intento
[ André Cerdido e Daniel Martínez ]
De 16:30 a 18:30Obradoiro de Canva: crea o teu propio material publicitario
[ Iñaki Quenerapú ]
De 18:30 a 20:30Obradoiro de Canva (2): crea o teu propio material publicitario
[ Iñaki Quenerapú ]
De 10:00 a 11:00 no Auditorio Constante Liste
Voltar ao programa

Seguridade na rede
[ José Manuel Sendín ]

Pequenos pero utilísimos consellos que todo o mundo pode seguir para estar un pouco máis seguros navegando pola Internet.

Foto: Gata Meow

José Manuel Sendín
@kuartillo | @nolegaltech

De 10:00 a 12:00 na aula de informática
Voltar ao programa

Introdución ao sistema operativo Linux Abalar
[ Félix Díaz López ]

Aprende a instalar a maqueta Abalar e coñece as aplicacións educativas que contén. Este obradoiro é de especial interese para docentes.

De 10:00 a 12:00 no Salón de Plenos do Concello
Voltar ao programa

Obradoiro de xogos didácticos
[ Francisco Lorenzo ]

Neste obradoiro xogarás e aprenderás en familia. Francisco Lorenzo é un experto en xogos didácticos para desenvolver distintas habilidades como a criatividade, a estratexia, o enxeño ou mesmo as matemáticas.

php /* */ ?>

Foto: Marcus Fernández

Francisco Lorenzo
@fr_lorenzo

Mesa redonda:
Liberdade informativa

Existe liberdade para informar? Que é a liña editorial? Información ou manipulación? Cales son as consecuencias de exercer a liberdade informativa? Existen os grupos de presión sobre os medios?

Estas e outras cuestións de grande interese serán tratadas por un grupo de convidados de excepción, profesionais que nalgúns casos viven ou viviron en carne propia as consecuencias da coherencia profesional.

De 11:00 a 13:30 no Auditorio Constante Liste
Voltar ao programa
De 12:00 a 14:00 no soto do Auditorio Constante Liste
Voltar ao programa

Obradoiro de enerxía e reciclaxe
[ VermisLAB ]

Obradoiro para nenos/as e familias: Conceptos básicos de electricidade e magnetismo usando motores reciclados e outro material de refugallo para construir robots e discos luminosos.

VermisLAB
@vermisLAB

De 12:30 a 13:30 no Salón de Plenos do Concello
Voltar ao programa

Acesibilidade para todos no día a día
[ Fátima García Doval ]

Hai moitísimas cousas que podemos facer para eliminar as barreiras físicas, sociais, comunitarias e mentais para que o noso contorno sexa acesible para todos e todas.

Fátima García Doval
@mininacheshire

De 16:30 a 18:30 no Auditorio Constante Liste
Voltar ao programa

Escolma das mellores charlas TED e TEDx
[ Proxeción en pantalla xigante ]

As charlas TED e TEDx son eventos públicos onde persoas con ideas, enfoques ou puntos de vista novidosos contan historias inspiradoras e que te deixan pensando un bo rato. Esta proxeción consiste nunha escolma das mellores dos últimos anos. #Recomendamos

De 16:30 a 19:30 no soto do Auditorio Constante Liste
Voltar ao programa

Obradoiro de creación de peluches con calcetíns
[ Miriam Calvo Villar ]

Crea un peluche con forma de elefante a partir dun calcetín. O material será suministrado no propio obradoiro. Será necesario un mínimo de coñecementos de costura.

De 16:30 a 19:30 no Salón de Plenos do Concello
Voltar ao programa

Como activar unha radio libre e comunitaria e non morrer no intento
[ André Cerdido e Daniel Martínez ]

Unha radio libre e comunitaria non é o mesmo que unha radio pirata, pública ou comercial. Montaremos un estudio radiofónico básico e emitiremos ao vivo por Internet.

De 16:30 a 18:30 na aula de informática
Voltar ao programa

Obradoiro de Canva: crea o teu propio material publicitario
[ Iñaki Quenerapú ]

O servizo web gratuito CANVA permítelle a calquera confecionar os seus propios cartaces, folletos ou imaxes para redes sociais sen coñecementos de deseño gráfico.

Foto: Marcus Fernández

Iñaki Quenerapú
@quenerapu

De 18:30 a 20:30 na aula de informática
Voltar ao programa

Obradoiro de Canva (2): crea o teu propio material publicitario
[ Iñaki Quenerapú ]

Facemos doblete con este obradoiro de CANVA. Se xa non quedan prazas para a edición de 16:30 a 18:30, podes apuntarte a esta que comeza as 18:30 e remata ás 20:30.

Foto: Marcus Fernández

Iñaki Quenerapú
@quenerapu