LibreTeo 2016

Software libre. Cultura libre. Coñecemento libre.

Organiza:
Agasol. Asociación de Empresas Galegas de Software Libre
Colaboran:
Concello de Teo
Boa Idea
MeliSA - Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide
GALPon - Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra
Asociación Comunidade O Zulo (Mugardos)
Orienta Galicia
Imaxin | Software

Cando

30 de abril de 2016
Abrimos ás 9:00 h.

Onde

Teo (Galicia)
Auditorio da Ramallosa

Ves ou que?

Inscrición

O 30 de abril o Concello de Teo vai celebrar LibreTeo

Un evento centrado na liberdade das persoas e o tremendo potencial que ten a xente cando colabora en proxectos libres. Con propostas e referencias nos sectores do software, a cultura e o coñecemento. Todas as charlas e obradoiros están dirixidos a todos os públicos, cunha linguaxe sinxela e sen tecnicismos. :-)

Software libre

Coñecerás a xente que constrúe ou usa ferramentas informáticas (software, servizos na Web, etc) que dan liberdade aos usuarios.

Cultura libre

Tamén xente coa mentalidade de crear para compartir. Xente xenerosa que sabe que a cultura facémola entre todos.

Coñecemento libre

E xente que comparte os seus coñecementos e ademáis disfruta facéndoo. Porque o coñecemento compartido chega moito máis lonxe.

De onde ven todo isto

A idea de «facer xuntos cousas polo beneficio da comunidade» non é nova. En Galicia hai centos de anos xa falabamos de montes en mancomún. Pero a idea de aplicar este concepto de maneira organizada e global ao software e á cultura é algo máis recente.

Quen ven falar a LibreTeo

Temos 10 charlas ou presentacións moi interesantes para esta xornada. Máis abaixo presentamos un horario pero non é definitivo. Nos próximos días esperamos confirmalo. Tamén a lista de relatores non é definitiva e pode haber algún cambio. Visitade este sitio web dentro duns días ou prestade atención a LibreTeo nas redes sociais.

Miguel Anxo
Bouzada

GalPon e Comunidade O Zulo

Luz
Castro

Imaxin Software

Rafa
Gaioso

MELISA

Fátima
García Doval

Discapacitodos

Jorge
Lama

MELISA

Alberto
Permuy

Comunidade O Zulo

Iñaki
Quenerapú

Boa Idea

Miguel Ángel
Rodríguez

MELISA e Comunidade O Zulo

Marta
Romeo

Orienta Galicia

Víctor
Grande

Cómico

Quero axudar!

E nós queremos coordinar un grupo de voluntarios/as porque hai moito que facer. Queres botarnos unha man? Contacta con nós: mándanos XA un correo electrónico indicando a túa dispoñibilidade durante o 30 de abril e días anteriores.

Apuntádeme de voluntario/a

Charlas e obradoiros

Este é o programa definitivo de charlas e obradoiros de LibreTeo 2016. Horarios definitivos :-)

Charlas entretidas e interesantes, para toda a familia.

09:30 - 10:00

Rexistro / Benvida

10:20 - 11:00

Edición de vídeo para todos

Iñaki Quenerapú  —  Boa Idea

Iñaki Quenerapú Editar vídeo pode ser tan fácil como escribir no procesador de textos. A maioría dos programas de ordenador para editar vídeo están dirixidos a un público profesional e polo tanto son complexos e caros. E cando son sinxelos e gratuitos, polo xeral son demasiado simples e pouca cousa podes facer con eles. Hai unhas cantas opcións en software libre para editar vídeo e unha que destaca sobre as demáis é OpenShot. Este software é moi fácil de manexar pero con el podes obter resultados de aspecto profesional. Ven a coñecelo.

11:20 - 12:00

Producción musical con software libre

Miguel A. Rodríguez Muíños  —  MELISA e Comunidade O Zulo

Miguel A. Rodríguez Muíños Pódese facer música con software libre? Podo tocar a guitarra eléctrica ou a batería? Editar audio? Producir unha maqueta ou un disco? O software libre permítenos facer todo isto (e máis). O eido musical xa non é dominio exclusivo duns poucos programas privativos (e caros) e de complexas configuracións de hardware. Si eres DJ, compositor, músico, productor ou, soamente, necesitas editar un ficheiro de audio, debes coñecer as opcións que ofrece o software libre e, concretamente, o Sistema Operativo Linux. A producción musical con software libre chegou para quedarse... e para meter moito barullo!

12:20 - 13:00

Imaxes en acción

Jorge Lama  —  MELISA

Jorge Lama Algunhas persoas definiron o século XX como a era da imaxe. Nestes tempos convulsos, a fotografía abre unha fiestra ó mundo para entendelo mellor, ou para crear recordos fermosos que merecen ter rexistro. Poder editar as fotografías con ferramentas libres, implica traballar na plataforma da nosa elección, cun equipo de características modestas, olvidarse de problemas, ter sempre as últimas actualizacións, gran cantidade de extras para potenciar e configurar a ferramenta e sobre todo, unha gran comunidade detrás, que nos axudará e aconsellará no camiño.

13:20 - 14:00

A historia da Kernel de Mugardos

Alberto Permuy  —  Comunidade O Zulo

Alberto Permuy En 2004 o Ciberencontro Kernel non pretendía ser máis que unha "LAN Party: unha reunión de xente que achega o seu equipo informático para xogar e trastear con trebellos". No ano 2016, despois de dunha ducia de edicións "o Kernel" xa é unha familia, que se reune tódolos anos en Mugardos para aprender, disfrutar e difundir non só software e tecnoloxías aberta, senón tamén cultura libre. Queres coñecer como unha vila de 5.000 habitantes convertiuse na aldea gala do software libre galego? Si? Achégate a LibreTeo.

14:00 - 16:00

Pausa para comer

16:20 - 17:00

Hackcesibilidade

Fátima García Doval  —  Discapacitodos

Fátima García Doval A accesibilidade é unha consecuencia natural do deseño universal e o coñecemento compartido. Non hai coñecementos mínimos para facer hackings de accesibilidade. Non é unha actividade ou un proceso, é unha actitude vital. Non hai colectivo pequeno ao que encarar os nosos esforzos. Non é algo dos que traballan con nenos con capacidades diferentes, nin con ancianos... é algo que nos afecta a todos. A xenerosidade de compartir os nosos coñecementos de hardware ou de software poden cambiar a vida de moitas persoas.

17:20 - 18:00

Distribucións de Linux lixeiras e para cativos

Miguel Bouzada  —  GalPon e Comunidade O Zulo

Miguel Bouzada Moitas veces, inducidos por este mesmo erro na maioría dos blogs, confundimos o que é unha distribución pesada e unha lixeira, e asumimos que usar un escritorio máis lixeiro fai que a distribución xa sexa lixeira. Algo parecido acontece cando falamos de distribucións educativas e distribucións para cativos, aceptando, para que sexa axeitada para cativos, que conteña aplicacións/xogos didácticos.

18:20 - 19:00

Orienta Galicia: actitude Ubuntu

Marta Romeo  —  Orienta Galicia

Marta Romeo O noso activo máis valioso es ti... ah, non o sabías? Pois actívate! No 2010 un grupo de orientadores educativos comezamos a compartir o noso coñecemento con toda a poboación. Altruistamente. Nacía o Proxecto Orienta para a divulgación de REA e información de alto interese educativo, nutrido de colaboracións desinteresadas encabezadas por unha equipa de profesionais. Agora formamos parte de Orienta milleiros de persoas que sabemos que, compartindo, obtemos beneficios de incalculable valor. E ti? Es xa un Ubuntu Orienta?

19:20 - 20:00

Software libre nos centros penitenciarios galegos

Rafa Gaioso  —  MELISA

Rafa Gaioso Melisa puxo en marcha no ano 2013 o proxecto "Tecnoloxía e software libre nos centros penitenciarios de Galicia", incluído dentro do programa Voluntariado dixital da AMTEGA. Os obradoiros son levados a cabo polos/as voluntarios/as de Melisa, e están chegando aos 5 centros penitenciarios e 2 CIS da nosa comunidade, conseguindo formar a máis de 80 internos dos diferentes centros. No relatorio poderás coñecer de primeira man as experiencias vividas polos voluntarios de Melisa; como naceu a idea; como se levaron a cabo as primeiras actividades, e algunha que outra anécdota.

20:20 - 21:00

Humor e música (peche do evento)

Víctor Grande  —  CÓMICO E ZURDO

Víctor Grande LibreTeo 2016 rematará botando unhas risas con Víctor Grande, que se define a si mesmo como «cómico, informático e zurdo; ou o que ven sendo o mesmo: un pringao, un antisocial e un antisistema». Víctor nos contará, en base á sua propia experiencia, cómo é o mundo dos informáticos. Unha historia chea de épica, paixón, sofrimento, traizóns, guerras, bugs, sexo, droga, rocanrol... e caixas de piza baleiras.

Di que pensa traer a guitarra e amenaza con cantar. Avisados estades.

Obradoiros de programación para os pequenos e de instalación de Ubuntu Linux para os maiores.

09:30 - 10:00

Rexistro / Benvida

10:30 - 12:00

Obradoiro de programación para nenas e nenos de entre 8 e 12 anos

Luz Castro  —  Imaxin Software

Luz Castro Primeira edición deste obradoiro.
Utilizando a ferramenta Scratch as nenas e nenos que participen no obradoiro aprenderán a darlle ordes ao ordenador e a programar eventos e tomas de decisión. Descubrirán o «superpoder» de saber usar os ordenadores para construir, por exemplo, videoxogos e non só adicarse a xogar os videoxogos que outros fixeron. Pode que esta xornada lles axude a decidir qué queren ser de maiores.

12:30 - 14:00

Obradoiro de programación para nenas e nenos de entre 8 e 12 anos

Luz Castro  —  Imaxin Software

Luz Castro Segunda edición deste obradoiro.
Utilizando a ferramenta Scratch as nenas e nenos que participen no obradoiro aprenderán a darlle ordes ao ordenador e a programar eventos e tomas de decisión. Descubrirán o «superpoder» de saber usar os ordenadores para construir, por exemplo, videoxogos e non só adicarse a xogar os videoxogos que outros fixeron. Pode que esta xornada lles axude a decidir qué queren ser de maiores.

17:00 - 18:30

Obradoiro de instalación de Ubuntu Linux

Iñaki Quenerapú  —  Boa Idea

Iñaki Quenerapú Primeira edición deste obradoiro.
Linux non morde. Non é para frikis informáticos. Calquera pode instalalo no seu ordenador de desfrutar dun sistema operativo e unha chea de programas para usar a diario, desfrutando da experiencia de usar un ordenador. E coa tranquilidade de que non hai que vivir pendente de antivirus ou de andar «pirateando» programas. Ubuntu Linux é gratis. A inmensa maioría dos programas para Linux son gratis. E son moi bos. Ven a comprobalo con este obradoiro. Trae o teu portátil! E non te preocupes: podes probar Ubuntu Linux sen instalar nada.

18:30 - 20:00

Obradoiro de instalación de Ubuntu Linux

Iñaki Quenerapú  —  Boa Idea

Iñaki Quenerapú Segunda edición deste obradoiro.
Linux non morde. Non é para frikis informáticos. Calquera pode instalalo no seu ordenador de desfrutar dun sistema operativo e unha chea de programas para usar a diario, desfrutando da experiencia de usar un ordenador. E coa tranquilidade de que non hai que vivir pendente de antivirus ou de andar «pirateando» programas. Ubuntu Linux é gratis. A inmensa maioría dos programas para Linux son gratis. E son moi bos. Ven a comprobalo con este obradoiro. Trae o teu portátil! E non te preocupes: podes probar Ubuntu Linux sen instalar nada.

Programa de actividades para nenas e nenos de 3 a 10 anos.

Por Mancuco Animación

09:30 - 10:00

Rexistro / Benvida

10:00 - 10:30

Dinámicas e xogos de programación, «na busca da imaxe perdida».

10:30 - 11:00

Xogo de acción. Twister musical.

11:00 - 11:30

Obradoiro. Minecraft. Construe unha personaxe.

11:30 - 12:00

Merenda

12:00 - 13:00

Contacontos e lecturas.

13:00 - 14:00

Xogo de pistas. Construamos un ordenador.

16:00 - 17:00

Tangrán. Puzzle oriental.

17:00 - 18:00

Dinámicas e xogos de programación. Dirixindo ás escuras.

18:00 - 18:30

Merenda.

18:30 - 19:30

Obradoiro. Caleidoscopio.

19:30 - 20:00

Xogos con música.

LibreTeo 2016

Sábado 30 de abril no Auditorio da Ramallosa (Teo).

LibreTeo 2016 abrirá ás súas portas ás 9:30 horas.

Onde vai ser

Auditorio da Ramallosa

⁠⁠⁠Rúa da Lagoa 2
15883 A Ramallosa - Teo (A Coruña)
981809228

Onde comer por alí cerca

A Santa Sede

Travesía da Ramallosa 22
15883 A Ramallosa - Teo (A Coruña)
981809228

María Castaña

Travesía da Ramallosa 8
15883 A Ramallosa - Teo (A Coruña)
981803943