Software libre. Cultura libre. Coñecemento libre
Presentación da Asociación Aberteo. Traxetoria, ideas e proxectos para o futuro.
Veremos algunhas ideas exitosas que se están poñendo en marcha polo mundo adiante que non utilizan os cartos como medio de pago.
Pequena presentación do Banco de Electrónica de Teo no que un grupo de voluntarios, recolle equipos electrónicos para seren reacondicionados con software libre e postos a disposición de persoas con menos recursos.
Adrián Serantes
Comprenderemos un pouco mellor que é iso de "ser un hacker" e miraremos que cousas boas para a sociedade poden facerse desde o hacktivismo.
PRAZAS LIMITADAS
Apéteceche pasalo ben, rir e facer rir... Se queres, a través do xogo, descubrir a túa comicidade, o teu pallaso... Apúntate. Contamos contigo!
Fran Campos
PRAZAS LIMITADAS
Charla/obradoiro sobre ferramentas libres para a creación de mapas. Coñeceremos proxectos como @openstreetmap, @qgis, @josmeditor e outros.
PRAZAS LIMITADAS
Imos xogar en grupo, rirnos, facer rir, improvisar situacións... E tentaremos que asome o noso pallaso. Que todos levamos un no noso interior.
Fran Campos
Loita de Titáns. "WhatsApp vs Telegram". Falaremos das diferencias entre elas. Realmente existe algunha app segura?
Oriana Rey
Presentación deste software, que naceu en Teo, para publicar contidos en Internet de maneira sinxela. Charla non técnica, para todos os públicos.
Nesta charla falaremos sobre un punto de vista diferente da reciclaxe e como facer pequenos cambios para aprender a valorar materiais que tiramos a cotío no caldeiro do lixo.
Adrián Serantes
Charla exprés para coñecer como unha framboesiña electrónica (Raspberry) pode valer para algo máis que levala nun peto.
PRAZAS LIMITADAS
Achegarse ao mundo da radio. Grabación dun programa en directo coa rapazada como protagonista.
Miguel Castro
PRAZAS LIMITADAS
Tomando como base a música e o vídeo faremos unha viaxe polos medios utilizados para poder reproducilos ata o día de hoxe. Sentidos precisos para asistir: oido, vista e tacto!
Oriana Rey
PRAZAS LIMITADAS
Grabación, edición e subida á podcasfera dun programa de radio.
Miguel Castro